Este ano foi diferente en moitos aspectos e todo apunta a que o Nadal, esas festas tan familiares e especiais, ese momento no que todos buscamos un oco para vernos, para quedar, para compartir, esas festas serán tamén diferentes este 2020.
Pero o que non ten por que cambiar é esa mostra de agarimo, ese “lémbrome de ti” que é adicar un agasallo. E por que non regalar este ano algo artesanal, de proximidade, elaborado con amor e de forma tradicional, con sabor “a casa”. Desde Carabuñas poñémosvolo máis fácil cunha guía de agasallos coa que acertarás seguro.
Para os que extrañan Galicia
A morriña só ten unha cura, volver á casa, pero a distancia pode sermoito máis levadeira se a acompañamos con produtos artesanais elaborados con esmero por mans galegas. De modo que se coñeces a alguén que está lonxe, seguro que se emociona ao recibir a nosa Cesta de Nadal Galego ou a completísima Cesta de produtos galegos, ambas cun bo surtido de doces do Nadal e os nosos produtos ecolóxicos Carabuñas.
Tamén é boa cura para esa “saudade” o Maletín degustación, unha opción na que propoñemos os nosos produtos de sabugueiro acompañados coa mellor maridaxe: o queixo azul e as galletas de castañas.
Para brindar xuntas… ou na distancia
Coida dese amigo que se prepara para o 2021 como o fixo no confinamento: cunha boa reserva de cervexas!. Temos para el a nosa Caixa de cervexas ECO Carabuñas, un pack imprescindible para gozar das nosas variedades de cervexas artesanais.
Se sodes máis de brindar con viño, propoñévosvos a caixa ‘Nadal, canta ou cuco‘: queixo, paté e demais, acompañados dun viño tinto de Denominación de Orixe Rías Baixas.
Para veganos/as
As cestas de Carabuñas son variadas, exquisitas e orixinais, contemplamos un abanico de opcións que contenten a todos os comensais. Acabouse o “non sei que regalarlle desde que é vegano/a”, coa Cesta vegana gourmet vas dar no cravo, unha caixa cos nosos produtos ecolóxicos e o interesante chourizo de cabaza tradicional, elaborado con ingredientes integramente de orixe vexetal.
Tamén podes sorprender aos teus achegados veganos co Estoxo de marmeladas Carabuñas, cas nosas tres variedades nun pack moi doce, perfecto como agasallo.
Para lectoras/es de bo comer
Cando o tempo e, sobre todo, a situación que nos está tocando vivir non acompañan, que mellor que un bo libro e unha boa comida para gozar de quedarse na casa. Con esa idea escollemos o contido das nosas caixas de agasallo: ‘Grandes praceres‘ e ‘Ler, comer e beber‘, dúas propostas nas que aos produtos gourmet máis exquisitos se lles suma a versión en galego do clásico Frankenstein nunha preciosa edición ilustrada.
Para sorprender á túa parella
Se estas festas toca pasalas separados, temos unha mensaxe en forma de cesta de agasallo que é idóneo para a ocasión: a ‘Cesta quixera verte‘, unha selección de marmeladas, galletas e bombóns que expresa ese “bótote de menos”.
Se tedes a sorte de estar xuntos, outra opción é celebralo cunha táboa de queixos e marmeladas, a combinación de doce e salgado que máis namora de Carabuñas. Se te decides por este pack, podes completar o teu agasallo obsequiándolle a táboa, cunca e espátula de madeira dos artesáns de Atalanta, uns accesorios pensados para servir o queixo ou degustar as nosas ricas marmeladas.