Caixa Nadal Galego – Carabuñas

Caixa Nadal Galego

Nesta cesta de Nadal complementamos os produtos de Carabuñas (marmeladas, licor e bombóns) con queixo BisQato, galletas de castaña Petelo e un turrón de chocolate e améndoas elaborado en Galicia pola marca Antoxo.

Se queres máis información, podes chamarnos ou escribirnos por WhatsApp ao 604 081 054.

Descripción

En Carabuñas fixemos do sabugueiro un ingrediente base para a elaboración dunha gama de produtos gourmet e saudables. Nesta cesta, pensada para regalar en Nadal, quixemos engadir outra serie de produtos gourmet, elaborados en Galicia e que complementan un pack ideal para compartir nas sobremesas de inverno.

Estoxo 3 marmeladas Carabuñas

Marmeladas extra ecolóxicas elaboradas con bagas de sabugueiro maduro. Marmelada de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e laranxa e marmelada de sabugueiro e mazá.

Bombóns Carabuñas

Un tarro de bombóns de praliné, recheos de licor de sabugueiro.

Queixo BisQato

Para maridar cos nosos produtos, seleccionamos un queixo da variedade ‘Xiros’ da queixería BisQato. Destaca pola súa elaboración íntegra a man a partir dunha materia prima de primerísima calidade, dado que as vacas da súa granxa pastorean ao aire libre. Este queixo de BisQato é de pasta branca, corteza enmohecida e sobresae pola súa gran personalidade.

Galletas de castaña Petelo

Estas galletas de castaña, están amasadas a man en Galicia. Elaboradas con fariña de castaña, o sabor destas galletas galegas artesás é exquisito.

Turrón de chocolate Antoxo

O turrón de chocolate con améndoas Antoxo une un chocolate e unhas améndoas de gran calidade para ofrecer un auténtico capricho deste produto de tempada. Ademais deses ingredientes principais, contén pasta de cacao, manteiga de cacao, leite en po, azucre e pasta de avelá.

Licor, marmeladas, queixo, bombóns, galletas e turrón elaborados de forma artesanal en Galicia. A cesta de Nadal perfecta!

Contido do estoxo
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Pack de tres marmeladas
  • Queixo BisQato
  • Turrón de chocolate de améndoas Antoxo
  • Tarro de bombóns de sabugueiro
  • Galletas de castaña Petelo