Estoxo marmeladas – Carabuñas

Desde: 15,00

Desde: 15,00

Pack degustación 3 marmeladas ecolóxicas

Esta caixa degustación con tres marmeladas ecolóxicas contén parte da esencia da nosa marca Carabuñas: marmelada de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e mazá e marmelada de sabugueiro e laranxa.

Preparamos este estoxo para que descubras os nosos sabores, para que regales Carabuñas ou para que o compartas con quen ti queiras.

O estoxo contén 3 botes de marmelada ecolóxica de 180 gr cada un.

15,00

Limpiar
SKU: N/D Categorías: , ,

Descripción

Este estoxo de tres marmeladas Carabuñas é unha selección das nosas marmeladas ecolóxicas e artesanais en tres botes de 180 gramos cada un.

Tres receitas de marmelada ecolóxica que están elaboradas de forma artesanal con materias primas da máxima calidade e iso nótase no seu sabor. Tres sabores diferentes para tres produtos gourmet que achegarán un toque diferente de sabor (e cor) a tostas, tostadas, iogures, carnes, ensaladas, patés ou sobremesas. Pero se temos que recomendar un complemento ideal ás nosas marmeladas, son sen dúbida, os queixos.

Marmelada de sabugueiro

É unha marmelada de sabor suave, elaborada seguindo a nosa receita artesá con bagas de sabugueiro maduro e un toque de limón. Certificada como ecolóxica, sen conservantes nin aditivos.

Marmelada de sabugueiro e mazá

Unha marmelada ecolóxica que fusiona dous sabores contrastados: o doce das bagas de sabugueiro e a acidez da mazá de Galicia. Sen conservantes nin aditivos.

Marmelada de sabugueiro e laranxa

Unha marmelada eco na que o froito do sabugueiro contrasta cun punto amargo e cítrico; o que lle achega á receita a laranxa cultivada en Galicia. Marmelada con certificación ecolóxica, sen aditivos nin conservantes.

Contido do estoxo marmeladas
  • Marmelada de sabugueiro 180 gr
  • Marmelada de sabugueiro e mazá 180 gr
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa 180 gr

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

Caixa de 12 estoxos, Estoxo 3 botes de 180 gr cada un