Nadal – Quixera verte

Un desexo de compartir

‘Quixera verte’ é máis que iso, é un desexo de charlar, rir e compartir. E que mellor que facelo cos nosos produtos artesanais máis doces: a marmelada de sabugueiro, a marmelada de sabugueiro e laranxa e os nosos exquisitos bombóns, xunto cas galletas Maruxío e o paté de porco celta gourmet elaborado por Tres Fuciños.

27,00

10 dispoñibles

Descripción

Neste doce lote que convida a verse, atopamos as marmeladas e bombóns Carabuñas acompañados de galletas Maruxío e paté de porco celta de Tres Fuciños, produtos gourmet artesanais que xuntos funcionan á perfección como agasallo para os amantes dos sabores auténticos.

Paté de porco celta

A cooperativa Tres Fuciños elabora este paté de fígado de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. É un produto de alta calidade xa que a cría dos animais realízase en liberdade e a súa alimentación está baseada no aproveitamento dos recursos naturais como son a castaña, a landra e a remolacha.

Galletas Maruxío

Galletas artesás elaboradas por Maruxío, un obradoiro de repostería saudable e sostible que basea a súa filosofía na volta ao tradicional, os ingredientes naturais e as cousas ben feitas.

Marmelada de sabugueiro e laranxa

Esta marmelada de sabor contrastado entre o doce e o acedo conséguese coa combinación das bagas de sabugueiro maduras e as laranxas ecolóxicas cultivadas no sur de Galicia. O resultado é un produto ecolóxico de aromas intensos e sabor sorprendente.

Marmelada de sabugueiro

Coa receita única de Carabuñas conseguimos esta marmelada ecolóxica de bagas de sabugueiro, cun 70% de froita e sen aditivos nin conservantes artificiais. É unha marmelada de sabor suave e aromas interesantes, que pode ser un acompañamento ideal para multitude de receitas.

Bombóns de sabugueiro

A caixa de bombóns de Carabuñas contén 10 pezas que suman o intenso sabor do licor de sabugueiro co delicado praliné de chocolate. A súa especial mestura de ingredientes e o proceso de elaboración artesanal convértenos nun produto delicatessen único.

Contido do lote
  • Paté de porco celta da cooperativa Tres Fuciños
  • Galletas Maruxío
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas 250 g.
  • Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g.
  • Caixa de 10 bombóns de sabugueiro Carabuñas

Información adicional

Peso 1.5 kg