Pack queixos e marmeladas – Carabuñas

Queixos e marmeladas Carabuñas

Este pack ofrece a posibilidade de gozar da fusión de tres queixos galegos artesanais elaborados con leite cru de vaca coas tres variedades de marmelada de sabugueiro de Carabuñas.

Dous destes queixos, Savel e Terra son da queixería Airas Moniz, mentres que o terceiro pertence a BisQato. Queixerías de produccións limitadas e moi coidadas, cuns produtos premiados e recoñecidos a nivel internacional.

Sen dúbida, a mellor combinación de queixos e marmeladas Carabuñas

49,00

93 dispoñibles

Descripción

Os amantes do queixo teñen neste pack unha opción inmellorable para dar renda ao seu pequeno vicio ou antollo. Producidos a partir de leite cru de vaca en queixerías da provincia de Lugo, cada un destes queixos ofrece un sabor diferente que fará as delicias dos padais máis exquisitos.

Os queixos Savel e Terra están elaborados na queixería Arias Moniz, con leite de reses de raza Jersey.

Queixo Savel

A variedade Savel é un queixo azul, premiado como mellor queixo azul de España 2019. Destaca pola súa untuosidade, derivada da alta cantidade en graxa que contén, similar á da manteiga. Un excelente contrapunto ao sabor das marmeladas de sabugueiro Carabuñas.

Queixo Terra

A segunda opción que nos presenta neste pack a firma de Chantada é o ‘Terra’, un queixo de pasta branda e cortiza comestible. En función da estación do ano, podemos atopalo firme ou cremoso e destaca o seu sabor intenso, que se enmascara un pouco ao comelo coa cortiza. A intensidade do seu sabor vai paralela ao seu tempo de maduración. A pesar de ser tan potente, a súa porcentaxe de materia graxa é realmente pequena, dun 28%. Outra combinación gañadora coas nosas marmeladas.

Queixo BisQato

O terceiro queixo deste pack procede da queixería BisQato, que nos ofrece a súa variedade ‘Xiros’, elaborada en Guitiriz (Lugo) integramente a man, moldeándoos, volteándoos e envolvéndoos un a un con todo o mimo e o máximo coidado. O pastoreo rotacional ao aire libre das vacas da granxa de Queixos BisQato garante unha materia prima de excelente calidade que se traduce nun produto de pasta branca, cortiza amofada e con moita personalidade.

Tres marmeladas Carabuñas

A nosa aportación ao pack son as tres variantes de marmeladas Carabuñas: de sabugueiro, de sabugueiro e laranxa, e de sabugueiro e mazá.

Contido do estoxo
  • Queixo Savel
  • Queixo Terra
  • Queixo BisQato
  • Marmelada de sabugueiro 180gr
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa 180gr
  • Marmelada de sabugueiro e mazá 180gr

Información adicional

Peso 1.5 kg