Nadal – Grandes Praceres

Grandes praceres

Un lote regalo para gozar de dous dos grandes praceres da vida: a gastronomía e a lectura.

A esta edición de luxo en galego do clásico da literatura inglesa ‘ Frankestein’, sumámoslle as nosas cervexas de flor de sabugueiro e un dos mellores queixos galegos artesanais, o queixo ‘Savel’ de Airas Moniz.

48,00

10 dispoñibles

Descripción

Unha lectura gourmet maridada cuns produtos delicatesen, é a nosa proposta para regalar algo especial e diferente.

Libro ‘Frankestein ou o prometeo moderno’ e libreta

Unha versión inédita en galego de todo un clásico da literatura inglesa. ‘Frankestein ou o prometeo moderno’ está editado por Aira Editorial, con ilustracións de Miguel Robledo e traducido por Samuel Solleiro. A obra de Mary Shelley ademais de aventuras e intrigas, afonda en profundas reflexións filosóficas. Este libro obtivo o premio da Gala do Libro Galego á mellor tradución do 2019, por trasladar á perfección a lingua orixinal, mantendo o ritmo e a forza da narrativa.

Cervexa artesanal flor de sabugueiro Carabuñas

Dúas cervexas ecolóxicas e con carácter, para acompañar esta lectura. Elaborada con flores de sabugueiro, é unha cervexa con toques afrutados e herbáceos.

Queixo Savel de Airas Moniz

A queixería Airas Moniz elabora este queixo azul con leite cru de vaca. É un queixo de sabor intenso e con gran untosidade.

Contido do lote
  • Cervexa de flor de sabugueiro (2 unidades, 33 cl)
  • Edición de luxo en galego da novela ‘Frankestein’
  • Libreta ‘Frankestein’
  • Queixo Savel de Airas Moniz

Información adicional

Peso 3 kg