Cesta Vegana Gourmet – Carabuñas

Pack produtos veganos

Esta é unha cesta de alimentos gourmet veganos e ecolóxicos, elaborados de forma artesanal en Galicia por pequenos produtores.

Nesta cesta podes atopar: chourizo vegano Calabizo, infusión de bagas de sabugueiro deshidratadas, marmelada de sabugueiro, xelea de flor de sabugueiro e dúas cervexas ecolóxicas e artesás que elaboramos en Carabuñas.

39,00

50 dispoñibles

Descripción

Esta cesta de produtos gourmet veganos está elaborada con auténticas delicatesen procedentes dos obradoiros artesáns de pequenas marcas produtoras galegas. Na selección de produtos primamos a calidade e a elaboración artesá.

Chourizo de cabaza Calabizo

O primeiro embutido de cabaza 100% vexetal, está elaborado en Galicia de forma artesanal pola marca Calabizo. Baseado nunha antiga receita de chourizo galego de cabaza, Calabizo elabora o primeiro alimento destas características de maneira tradicional, coa súa correspondente curación e afumado con madeira de carballo. Só utilizan ingredientes vexetais para a súa elaboración. O resultado, un chourizo de cabaza de alto valor nutritivo e rico en antioxidantes.

Infusión de bagas de sabugueiro

A nosa infusión de bagas de sabugueiro deshidratadas é froito dunha coidada selección e achega ao noso organismo as súas propiedades antiinflamatorias, antivirais e depurativas.

Marmelada de sabugueiro

A nosa marmelada de sabugueiro ecolóxica e gourmet. Elaborada de forma tradicional, sen aditivos nin conservantes.

Xelea de flor de saúco

Unha gelée de cor dourada elaborada con flores de sabugueiro maceradas cunha receita propia, baseada nas técnicas de elaboración artesás.

Cervexas de Carabuñas

Neste pack gourmet vegano, engadimos dúas botellas das nosas cervexas ecolóxicas, unha elaborada a partir de flor de sabugueiro e a outra con bagas desta mesma planta. A primeira destaca pola súa cor amarela escura, un aroma moi suave e un sabor complexo, mentres que a segunda distínguese pola súa cor vermella cobrizo, un aroma intenso e a súa espuma persistente.

Contido do estoxo
  • Chourizo de cabaza vegano de Calabizo
  • Infusión bagas de sabugueiro deshidratadas
  • Marmelada de sabugueiro 180 gr
  • Xelea de flor de sabugueiro 180 gr
  • Cervexa de flor de sabugueiro (1 unidade, 33 cl)
  • Cervexa de baga de sabugueiro (1 unidade, 33 cl)

Información adicional

Peso 2.3 kg