Cesta de produtos galegos – Carabuñas

Produtos artesanais galegos

Esta completísima cesta de produtos galegos artesáns, confírmase como unha fantástica opción para regalar ou para desfrutar da nosa gastronomía na casa.

Contén o ADN de Carabuñas, complementado con outros produtos de calidade gourmet como o salchichón de porco celta da cooperativa Tres Fuciños, o viño de Señor Cuco, as galletas de castaña Petelo, as galletas Maruxío e os queixos de BisQato e Airas Moniz. Unha cesta de produtos galegos que non defraudará aos padais máis esixentes.

83,00

20 dispoñibles

Descripción

É difícil atopar unha cesta de produtos galegos artesanais e gourmet máis completa e variada que esta. Nela quixemos xogar con toda unha gama de sabores: marmeladas, licor, viño, salchichón, galletas, bombóns e queixo.

Estoxo de 3 marmeladas Carabuñas

Un pack de tres botes de marmelada ecolóxica  de 180gr cada un, no que se poden gozar nosas tres variedades: sabugueiro, sabugueiro e laranxa, e sabugueiro e mazá.

Licor de Sabugueiro

O noso licor de sabugueiro, elaborado macerando as bagas de sabugueiro en augardente galega de alta calidade.

Bombóns Carabuñas

Bombóns de exquisito praliné, recheos do noso licor de sabugueiro.

Salchichón de porco celta Tres Fuciños

Salchichón gourmet de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. A cooperativa Tres Fuciños reune explotacións repartidas por toda a comunidade galega. A cría dos animais realízase en semiextensivo, nos montes galegos, cunha alimentación que aproveita os recursos da zona, landra, castaña ou remolacha; por este motivo a carne é dunha calidade excelente.

Galletas Petelo

A primeira das variedades de galleta que leva esta cesta de produtos artesanais galegos son as galletas de castaña Petelo. Amasadas a man, contan co sabor incomparable que lles outorga a fariña de castaña.

Galletas Maruxío

As galletas Maruxío, conseguen un destacado produto artesán de avelá e chips de chocolate. Na súa elaboración só utilizan ingredientes ecolóxicos e, de feito, non compran ningún tipo de fariña, senón que adquiren cereal e móeno eles mesmos.

Queixo Xiros, BisQato

Para encumbrar esta fenomenal cesta temos os queixos de BisQato e O Rexo.  Da queixería BisQato seleccionamos a variedade ‘Xiros’, un queixo realizado cun agarimo desmedido e que eles mesmos se encargan de moldear, voltear e envolver a man un a un. A liberdade na que pastan as súas vacas colabora na obtención dunha materia prima de excelente calidade que se converte nun produto de pasta branca e cortiza enmohecida.

Queixo azul de Airas Moniz

Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.

Viño Señor Cuco

Por último, o viño de Señor Cuco será o encargado de regar estes manxares. Este tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas, crianza do 2016, conta cunha cor vermella rubí con ribete violáceo. Procedente da zona de O Condado, é un caldo carnoso e con carácter e frescura atlántica. En boca prodúcese unha explosión de froitas, xa que se pode percibir un amplo abanico de aromas de froitas do bosque -mora e arandos- e de froitas vermellas -cereixa e frambuesa-, aos que hai que engadir outros achegues como a noz moscada ou a regaliz.

Esta cesta de produtos artesanais gourmet é unha mostra perfecta da calidade e o bo facer dos produtores e produtoras galegas que traballamos no sector da alimentación.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido do estoxo
  • Licor de sabugueiro 500 ml
  • Pack de tres marmeladas
  • Salchichón de porco celta de Tres Fuciños
  • Viño Señor Cuco
  • Galletas de castaña Petelo
  • Queixo BisQato
  • Queixo azul de Airas Moniz
  • Galletas Maruxío
  • Tarro de bombóns de sabugueiro

Información adicional

Peso 4 kg