O MEU  SABUGUEIRO

Axúdasnos a crear coñecemento, a continuar coa nosa aposta para poñer ao sabugueiro no seu sitio, a crear unha cultura do sabugueiro en Galicia?

O noso obxectivo é estudar o Sambucus nigra en Galicia, e precisamos que nos botedes unha man. Sácalle unha foto ao sabugueiro que tes, ves ou atopas cumprimentando o seguinte formulario.

Cando haxa cambios na floración, ou comece a caída da folla ou saian as xemas do teu sabugueiro, podes actualizar a tú a foto no mesmo formulario.

Que faremos con toda a información?

Imos elaborar o primeiro mapa de distribución de sabugueiro, e continuaremos coa identificación de exemplares para a súa análise, estudo e reprodución.

Faite amigo/a dun sabugueiro, O meu Sabugueiro, e nós enviaremos marmelada para que te fagas moi fan  😉

Formulario

    O responsable do ficheiro, RESPONSABLE, usará esta información para responder as solicitudes de contacto. Os datos enviados gardaranse en ALOXAMENTO dentro da UE. Podes acceder, rectificar ou suprimir os mesmos se o desexas.

    O meu sabugueiro é un proxecto de participación para a investigación do sabugueiro galego financiado pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e desenvolvido en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.