Preguntas frecuentes

Sobre o sabugueiro

O sabugueiro pódese comer?

Algunhas partes do sabugueiro non son comestibles e a súa inxesta pode ser perigosa tanto para humanos como para animais. Isto débese a que conteñen glucósido cianoxénico, unha substancia que actúa como un mecanismo de defensa para a árbore, protexéndoo doutras especies que lle poidan facer dano.

O glucósido atópase na cortiza, nas follas e nas bagas que aínda non están maduras. Por este motivo non é recomendable o consumo do froito do sabugueiro que non estea maduro. No momento en que o froito alcanza o punto de maduración, o glucósido desaparece e estaría listo para ser consumido de forma segura.

Sobre os envíos

Podo enviar un agasallo a través da web?

Por suposto, calquera compra que fagas na nosa web podes enviala a quen desexes, sen preocupacións. Nós xestionamos todo o proceso de envío.

Ademais, se queres que engadamos ao teu pedido unha nota ou detalle especial, só tes que indicárnolo.

Canto tardará en chegar o meu pedido?

En Carabuñas xestionamos os envíos de forma rápida e segura. Para iso traballamos cas mellores compañías de loxística. En condicións normais, o teu envío chegará en tres días laborables á dirección de entrega seleccionada.

Que fago se o meu pedido non chega en perfectas condicións?

Cando recibas o teu pedido, debes comprobalo para asegurarte de que todos os produtos chegaron en boas condicións. Se non fose así, por favor ponte en contacto con nós canto antes para que poidamos solucionalo.