licor de sabugueiroVídeo realizado por Illa Bufarda sobre Carabuñas

CARABUÑAS E O SABUGUEIRO

Detrás de Carabuñas estamos Eva e Nelson, “Os do sabugueiro”. O noso proxecto nace en 2012, cando empezamos a experimentar e elaborar receitas coas flores e as bagas do sabugueiro. Era unha árbore que coñeciamos porque está moi presente en Galicia, pero ao mesmo tempo era unha especie totalmente descoñecida no mundo da cociña e o sector alimentario. Decidimos innovar e o sabugueiro converteuse no protagonista indiscutible da nosa marca e de parte da nosa historia.

Responsive imageVídeo realizado por Illa Bufarda sobre Carabuñas

Productos gourmet, elaboracións artesásA marmelada ecolóxica marcou o inicio. Con ingredientes ecolóxicos de calidade, procedentes doutros pequenos produtores galegos, pronto ampliamos a nosa gama de produtos a licor, xelea, cervexas, bombóns, infusións… Avanzamos seguindo o noso instinto, a nosa receita propia, baseada en conseguir produtos únicos e elaborados de forma artesanal.

Plantación de sabugueiro ecolóxicoDesde 2016, temos a primeira plantación de sabugueiro de Galicia, coas súas flores brancas na primavera e as súas bagas escuras cando alcanzan a madurez. Potenciamos a nosa variedade autóctona: Sambucus Nigra L, Variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal). É un paso máis para seguir desenvolvendo produtos de sabugueiro ecolóxico e converter a Carabuñas nun referente en sustentabilidade e no aproveitamento do sabugueiro, unha especie case esquecida.

Respetar e valorar a nosa contornaDesenvolvemos o noso traballo en Vilar de Santos, unha zona declarada Reserva da Biosfera Área de Allariz pola Unesco. Aquí desenvolvemos as nosas catro liñas de actuación en torno ao sabugueiro: alimentación, investigación, cultivo e cultura. Non se nos ocorre un sitio mellor para poñer en valor os recursos naturais, dar unha volta á tradición e sumar na sustentabilidade do rural galego. Desde aquí, os nosos produtos chegan hoxe a fogares, tendas, bares e restaurantes de toda Europa.

Responsive imageCarabuñas no Mercado da Colleita 2018

VER A TRADICIÓN CON NOVOS OLLOS

Elaboramos un produto gourmet a base dun froito (o do sabugueiro) que non se podía comer. Aplicamos a óptica e a tecnoloxía actual e investigamos sobre as nosas tradicións e sobre a vangarda culinaria. O resultado: produtos de alta calidade, elaboracións gourmet e receitas artesanais.

Manter a mirada no futuro permítenos seguir traballando na creación de novos produtos de calidade, co saber facer de sempre e cos valores dos pequenos produtores galegos. Co noso traballo, queremos axudar a renovar a cultura do sabugueiro e impulsar a economía rural, contando coa sabedoría do pasado e as ganas do presente.

Premios

2015

Premio Pont-up Store

Pontevedra

2017

Premio Innforum

Fórum Gastronómico da Coruña

2018

Premio Agader 2018

Iniciativas de Desenvolvemento Rural de Galicia, Xunta