Descripción
A marmelada de sabugueiro de Carabuñas é un produto ecolóxico, elaborado de maneira artesanal a partir de bagas de sabugueiro seleccionadas no seu punto óptimo de maduración.
É unha marmelada de sabor suave, xa que á dozura propia do sabugueiro maduro engádeselle limón para achegar un toque de acidez e amargor. Esta suma de ingredientes convértea nunha crema aromática, moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo.
Unha marmelada gourmet e saudable, elaborada en Galicia, con ingredientes ecolóxicos de proximidade, como o agar-agar.
Recomendamos o consumo da nosa marmelada de sabugueiro acompañando iogures, queixos, tostas e torradas, carnes ao forno ou para receitas de tartas e doces.
O sabugueiro é unha árbore que aparece con frecuencia na paisaxe de Galicia e nas súas tradicións, pero as súas flores e froitos non foron aproveitados desde un punto de vista culinario. En Carabuñas apostamos polo aproveitamento do sabugueiro para a elaboración de produtos gourmet, artesanais, ecolóxicos e saudables.
Ingredientes
- Azucre de cana ecolóxico
- Agar-agar ecolóxico
- Limón ecolóxico
- Bagas de saúco maduras
- Receita propia