Descripción
Este set de táboa, cunca e espátula están realizados en madeira de forma artesanal en A Estrada (Pontevedra). Son perfectos para presentar e desfrutar, por exemplo, dunha degustación de queixos e marmeladas.
En Atalanta Madera recollen o legado de sete xeracións de torneiros e continúan traballando unindo tradición e modernidade no seu taller, a 2.500 rpm. A súa paixón: o traballo no torno, xogar cas formas, a madeira e as cores.
Consellos de coidado: lavar con auga, xabón suave e unha esponxa. Secar ben antes de gardar.
Contido do set
- Táboa
- Cunca
- Espátula