Nadal – Canta o cuco

Un agasallo cuco

Este é unha homenaxe ao viño Señor Cuco, un tinto con Denominación de Orixe Rías Baixas que se elabora no Condado (Pontevedra).

Seleccionamos catro delicatesen para acompañar esta botella de viño: queixo BisQato, paté de porco celta elaborado por Tres Fuciños, marmelada gourmet e bombóns de sabugueiro Carabuñas.

41,00

25 dispoñibles

Descripción

O cuco é un ave pouco frecuente e singular, tan singular como os produtos que leva este lote gourmet. Auténticas delicatesen.

Viño Señor Cuco

Este é un viño tinto nunha denominación de orixe coñecida mundialmente polos seus viños brancos: D.O. Rías Baixas. Isto marca o seu carácter: un viño elegante, con frescura e identidade.

Queixo BisQato

Para maridar cos nosos produtos, seleccionamos un queixo da variedade ‘Xiros’ da queixería BisQato. Destaca pola súa elaboración íntegra a man a partir dunha materia prima de primerísima calidade, dado que as vacas da súa granxa pastorean ao aire libre. Este queixo de BisQato é de pasta branca, corteza enmohecida e sobresae pola súa gran personalidade.

Paté de porco celta Tres Fuciños

Un paté de fígado de porco elaborado polo Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. Porcos da raza autóctona ‘ porco celta’, criados en liberdade e alimentados de forma natural.

Marmelada ecolóxica de sabugueiro Carabuñas

A nosa marmelada extra de sabugueiro, elaborada de forma tradicional cun 70% de froita, sen aditivos nin conservantes.

Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas

Uns bombóns artesáns que co seu praliné poñen o toque doce a esta maridaxe e contrástano no padal co sabor das bagas de sabugueiro coas que se elaboran.

Contido do lote
  • Viño Señor Cuco
  • Queixo BisQato
  • Paté de porco celta Tres Fuciños
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro 250 gr
  • Caixa de bombóns de sabugueiro Carabuñas

Información adicional

Peso 2 kg