Descripción
Licor, marmelada, xelea, bombóns, queixo e galletas… isto ten boa pinta!
Queixo Savel de Airas Moniz
Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.
Marmelada de sabugueiro e laranxa
Para mesturar á perfección con este queixo ‘Savel’ atópanse nesta cesta a marmelada de sabugueiro e laranxa, co seu tradicional toque doce do sabugueiro e outro amargo e ácido da laranxa ecolóxica galega. Certificación ecolóxica.
Xelea de sabugueiro
Elaborada de forma artesanal, sen a intervención de ningún tipo de conservante ou aditivo, a xelea de flor de sabugueiro ecolóxica, é outra opción para combinar co queixo ‘Savel’.
Licor de sabugueiro Carabuñas
Para acompañar esta sobremesa, nada mellor que o licor de sabugueiro de Carabuñas co seu aroma intenso que se mantén durante un bo intre no padal. Un licor especial e diferente, elaborado de maneira artesanal a partir das mellores bagas de sabugueiro maduro que se maceran en augardente galega de alta calidade.
Galletas de castaña Petelo
Amasadas a man, cada unha destas galletas é irrepetible. Elaboradas con fariña de castaña, destacan como unha das marcas de galletas artesás galegas máis exquisitas.
Bombóns de licor
A guinda desta cesta póñena os bombóns de licor de sabugueiro, cunha cobertura de praliné.
Contido do estoxo
- Xelea de flor de sabugueiro 180 gr
- Marmelada de sabugueiro e laranxa 180 gr
- Licor de sabugueiro 500 ml
- Queixo Savel de Airas Moniz
- Tarro de bombóns de sabugueiro
- Galletas de castaña Petelo