Descripción
En Carabuñas creamos unha marmelada ecolóxica que mestura a flor de sabugueiro, recollida no momento perfecto de aroma, e amorodos ecolóxicos. O resultado é un produto cun sabor suave e agradable.
A marmelada de flor de sabugueiro e amorodos non contén azucre. Elaborada con xarope de agave, é perfecta para persoas que non poden tomar bebidas e alimentos azucrados.
A recomendación de Carabuñas: combinar a marmelada con queixo, iogur, xeado ou en torradas cun bo pan de elaboración artesá.
Esta marmelada é unha nova aposta por crear un produto artesanal, ecolóxico e saudable aproveitando, neste caso, a flor de sabugueiro. Moi presente nas nosas paisaxes e cultura, en Carabuñas decidimos fixarnos nas propiedades da flor e as bagas de sabugueiro para crear as nosas marmeladas, licor, cervexas ou infusións, entre outros.
Ingredientes
- Xarope de agave.
- Amorodos ecolóxicos.
- Flor de sabugueiro.
- Receita propia.