Descripción
Este pack de cervexas ecolóxicas Carabuñas é unha caixa degustación con 12 botellas de cervexa artesá que elaboramos seguindo receitas propias. Presentadas nunha caixa ideal para regalar ou para compartir en comidas ou ceas con amigos ou familia.
As cervexas Carabuñas son singulares porque levan como materia prima principal bagas ou flores frescas de sabugueiro. Están elaboradas con ingredientes ecolóxicos e naturais, como a malta (variedades pilsen e aromática) ou o lúpulo.
Botellas de terzo (33 cl.).
Cervexa de bagas de sabugueiro
A infusión de bagas de sabugueiro achégalle a esta variedade de cervexa unha cor vermella cobrizo e unha escuma de tinguiduras rosáceas. Ademais, o seu sabor é doce por influencia do froito. Carbonatación media-alta.
Ingredientes
- Auga
- Flores de Sabugueiro ou Bagas de Sabugueiro
- Malta de cebada
- Lúpulo