Cervexa de Baga de Sabugueiro – Carabuñas

Desde: 3,50

Desde: 3,50

Cervexa artesanal ECO

Cervexa ecolóxica de bagas de sabugueiro Carabuñas. Unha cervexa artesanal, de dobre fermentación, con elaboración a base de bagas de sabugueiro, maltas pilsen e aromática.

De cor vermello cobrizo, aroma intenso e escuma persistente; é unha cervexa con toques afrutados e herbáceos. Cervexa Elderberry.

Fruit Beer, 33 cl.

3,50

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Descripción

Para elaborar a cervexa de Sabugueiro Carabuñas empregamos bagas de sabugueiro, ás que engadimos maltas das especies pilsen e aromática, ademais de lúpulo. É unha cervexa de dobre fermentación e carbonatación ténue.

A singularidade desta cervexa de sabugueiro empeza polo seu aroma moi intenso, continúa coa súa cor vermello cobrizo e remata cunha escuma de toques rosáceos na que teñen moito que ver as bagas de sabugueiro. En canto ao gusto, é un produto de sabor suave, con matices afroitados e herbáceos que deixan un resaibo agradable na boca. Un sabor diferente para os amantes da cervexa artesanal.

En Carabuñas facemos dúas cervexas ecolóxicas e artesanais: unha con flor de sabugueiro e outra con bagas de sabugueiro.

Tamén podes comprar unha caixa degustación coas dúas variedades de cervexas.

Ingredientes
  • Auga
  • Baga de Sabugueiro madura
  • Malta de cebada
  • Lúpulo

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

Botella 33cl, Caixa de 12 botellas