Gosto da Beloso!

Luz Beloso

As flores, a cor e o abrazo falan do coidado, a calor, a risa e a emoción na ilustración de Luz Beloso. As amigas e os amigos son como as flores da vida.

Nesta cesta podes atopar mel, cordial de sabugueiro, licor de sabugueiro, un viño branco D.O. Rías Baixas, galletas artesanais e un queixo premiado internacionalmente. Sen dúbida, un bo agasallo para enviar a eses amigos e amigas que sempre están aí.

Comezamos os envíos a partir do 1/12/2021. Unidades limitadas. Fai o teu pedido agora.

48,00

Descripción

Luz Beloso é pintora, ilustradora e profesora de debuxo. Nos últimos anos participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais e as súas ilustracións dan vida a unha longa listaxe de libros de diferentes autores e autoras.

Contido da cesta
  • Lámina de Luz Beloso.
  • Viño branco Abadía de Tortoreos, D.O. Rías Baixas.
  • Galletas de abelás e chips de chocolate de Maruxío.
  • Queixo de ovella Feijoo.
  • Mel Gosto!
  • Cordial de sabugueiro Carabuñas.
  • Marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas.

Viño Abadía de Tortoreos
Un viño branco da Denominación de Orixe Rías Baixas que está elaborado só a base de albariño, con uvas seleccionadas a man que fermentan en depósitos de aceiro a temperatura controlada. Permanece no depósito cinco meses e repousa como mínimo outros dous en botella.
Abadía de Tortoreos é un viño de Adegas Luz. As súas instalacións están situadas na ribeira do Miño, ao seu paso pola comarca do Condado Paradanta.

Maruxío, galletas de obradoiro
Un dos produtos estrela de Maruxío son as súas galletas, rebolos de abelás e chips de chocolate. Están feitas a base de fariña de escanda integral, manteiga, azucre de cana golden, abelás, chips de coco, ovo, cacao en pó e bicarbonato. Ingredientes procedentes de agricultura ecolóxica.
Maruxío é un proxecto único, un proxecto de vida que nace na Casa Terra de Rebolos. De aí saen os seus “rebolos”, galletas elaboradas con materias primas de calidade, con ingredientes de proximidade e ecolóxicos.

Queixos Feijoo, desde 1949
En Queixos Feijoo levan máis de setenta anos traballando coa misión de coidar a receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Nesta cesta incluímos o queixo de ovella curado, con leite de ovella 100% pasteurizada. Creación artesá que pasa máis de 120 días en adega, antes de saír á venda.

Mel Gosto!
O mel de Gosto! é mel procedente das montañas de Ourense. Na cesta homenaxe a Luz Beloso incluímos o bote de mel Gosto! de 250 gramos.

Carabuñas, os do sabugueiro
Neste lote inclúese o cordial de sabugueiro de Carabuñas, un concentrado de flor de sabugueiro BIO sen azucres engadidos nin aditivos. Está elaborado con ingredientes de produción ecolóxica.
Na cesta tamén está a marmelada ecolóxica de sabugueiro e laranxa, característica polo contraste entre a dozura do sabugueiro maduro e a acidez propia da laranxa cultivada en Galicia.
En Carabuñas apostamos polo aproveitamento do sabugueiro galego, unha especie vexetal moi abundante na contorna. As súas flores e froitos son a mellor materia prima para a elaboración de marmeladas, cervexas, licor ou infusións, entre outros moitos produtos.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.