Descripción
A flor de sabugueiro deshidratada Carabuñas é o resultado dun traballo coidado e responsable coa contorna. As flores son colleitadas no momento ideal de tenrura e aroma, e a súa deshidratación a baixa temperatura busca preservar ao máximo os seus beneficios e propiedades.
Esta flor de Sambucus Nigra L variedade Atlántica é obtida nas nosas plantacións con certificación ecolóxica, da variedade atlántica de sabugueiro, unha especie intimamente ligada a Galicia e o Norte de Portugal.
A deshidratación é unha técnica que permite conservar os alimentos dunha forma saudable, sen necesidade de aditivos nin conservantes. En Carabuñas extraemos a auga das flores de sabugueiro con baixas temperaturas, desta forma alongamos o período para consumilas en bo estado e preservamos as súas propiedades antiinflamatorias, antisépticas e depurativas.
A flor de sabugueiro deshidratada Carabuñas está pensada para ser tomada en infusión, especialmente indicada para aliviar problemas do sistema respiratorio e polo seu gran poder antiinflamatorio.
En Carabuñas apostamos polo aproveitamento do sabugueiro para a elaboración de produtos de alimentación de alta calidade. Todos os nosos cultivos de sabugueiro teñen certificación ecolóxica.
Ingredientes
- Flores deshidratadas de Sambucus Nigra L variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal)