Marmelada ecolóxica de Sabugueiro e Mazá – Carabuñas

Desde: 4,50

Desde: 4,50

Marmelada ecolóxica artesanal

Nesta receita de marmelada Carabuñas, mesturamos o sabor doce das bagas de sabugueiro maduro, co sabor acedo de mazás ecolóxicas cultivadas en Galicia.

O resultado é unha marmelada extra, de altísima calidade, cun 70% de froita e elaborada de forma artesanal con ingredientes ecolóxicos e de proximidade.

4,50

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Descripción

Nesta receita de marmelada de sabugueiro e mazá apostamos por un delicado equilibrio de sabores que contrastan entre si: a esencia doce das bagas maduras de sabugueiro e a intensa acidez da mazá. Incorporando agar-agar e un toque de limón, conseguimos un produto gourmet, sen aditivos, sen conservantes e sen colorantes.

A nosa marmelada de sabugueiro e mazá está elaborada de forma artesanal, con todo o sabor das marmeladas caseiras feitas con ingredientes ecolóxicos e naturais.

Recomendamos utilizar esta marmelada para dar un toque de sabor e de cor a diferentes elaboracións e receitas, como acompañamento para iogures, tostas e torradas, tartas e pasteis ou carnes e queixos.

En Carabuñas apostamos por elaborar produtos gourmet con ingredientes de proximidade e ecolóxicos. Dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia e aproveitamos as súas calidades para elaborar produtos saudables.

Ingredientes
  • Azucre de cana ecolóxico
  • Mazá ecolóxica galega
  • Agar-agar ecolóxico
  • Bagas de saúco
  • Limón
  • Receita propia

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

180g, 250g, Caixa de 12 botes 180g, Caixa de 12 botes 250g