Chocolate Gosto!

Chocolate á cunca

Gosto do chocolate quentiño! Unha tableta de onzas de chocolate á cunca con sabor auténtico. Chocolate elaborado en Galicia.

350 g. peso neto

7,00

73 dispoñibles

SKU: CHOCOLATE-GOSTO Categorías: , ,

Descripción

Poucas cousas hai tan reconfortantes como o aroma do chocolate Gosto! nun día de frío. Un chocolate de calidade e sabor tradicional para elaborar á cunca.

É un chocolate de elaboración tradicional, polo que ten un sabor moito máis intenso que os industriais.

Facer o chocolate á cunca é moi sinxelo, podes diluír o chocolate con auga, leite ou algunha bebida vexetal. Se o preparas con leite enteiro, conseguirás un toque graxo que o fará máis espeso e daralle un pouco máis de sabor.

Cando o estás diluíndo podes engadir un toque de sal ou pementa para potenciar o seu sabor e canela ou vainilla para aromatizalo. Se che gusta o chocolate máis espeso debes deixar que se cociñe durante máis tempo, para reducir a cantidade de líquido. E unha última recomendación: non deixes de remover para que non se che queime.

Conservar o chocolate Gosto! nun lugar fresco e seco.

Chocolate Gosto!
Os produtos de Gosto! incorpóranse á despensa de Carabuñas coa nosa esencia de sempre: sabor auténtico, calidade e produtos galegos que se elaboran en Galicia. Mel, conservas, chocolate… Descúbreos!