Bagas de sabugueiro deshidratadas ecolóxicas – Carabuñas

Bagas de sabugueiro deshidratadas

Nesta bolsa hai unha selección das mellores bagas de sabugueiro de Carabuñas. Recollidas no punto exacto de maduración e deshidratadas a baixa temperatura para conservar as súas propiedades antiinflamatorias, antivirais e depurativas.

Cultivamos as nosas bagas de sabugueiro en plantacións de sabugueiro ecolóxicas e deshidratámolas de forma artesanal.

Pensadas para ser consumidas en infusión. Elderberry.

Sambucus Nigra L, variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal).

7,95

Descripción

As bagas de sabugueiro deshidratadas Carabuñas son o resultado dun proceso de elaboración artesanal, coidada e responsable coa contorna.

Colleitamos as bagas de sabugueiro ecolóxicas no momento de maduración ideal e sometémolas a un proceso de deshidratación natural, a baixa temperatura. Desta forma, conseguimos preservar durante máis tempo as súas propiedades antioxidantes, antivirais e depurativas. O froito do sabugueiro está especialmente indicado para axudar ao sistema inmunolóxico e reforzar as defensas. Son ricas en vitamina C e un dos froitos con máis cantidade de Quercitina.

Grazas á deshidratación, podemos tomar este froito fóra de tempada pero mantendo todas as súas propiedades. O consumo de bagas de sabugueiro deshidratadas adóitase facer en infusión ou como complemento a algunhas receitas de carne ou batidos (rehidratándoas previamente).

As bagas de sabugueiro son unha das materias primas que máis utilizamos en Carabuñas. No ADN do noso proxecto está o aproveitamento e a posta en valor deste froito descoñecido para o gran mercado da alimentación; transformándoo en receitas e elaboracións gourmet. Podes probar as nosas marmeladas, licores ou cervexas elaboradas con bagas de sabugueiro ecolóxicas.

Ingredientes
  • Bagas deshidratadas de Sambucus Nigra L Variedade Atlántica

Información adicional

Peso 0.15 kg
Tamaño

Bolsa de 125g, Caixa de 12 bolsas 125gr, Granel 1 kg.