Categorías
Os do sabugueiro

Ilustradoras galegas gourmet para este Nadal

Un dos nosos propósitos para estas festas é celebrar a amizade e por iso creamos cinco cestas con produtos galegos acompañadas das láminas de catro ilustradoras galegas que nos encantan: Clara Cerviño, Xoana Almar, Luz Beloso e Ana Parada.

Para a creación destas caixas, pensadas para regalar e regalarse, a aposta segue sendo a do produto galego de calidade, ecolóxico, local e rural. E nada máis local e con máis calidade que estas catro ilustradoras gourmet que se prestaron a colaborar connosco.

Esta colaboración é tamén unha forma de visibilizar o talento galego e en especial o talento das mulleres galegas.

Gosto das ilustradoras galegas!

Gosto das ilustradoras galegas

A caixa que inclúe delicias galegas gourmet (bombón, mel, chocolate, licor, viño, queixo, marmeladas e conservas) e as catro láminas sobre a amizade que son o centro deste Nadal en Carabuñas.

Gosto da Xoana!

Gosto da Xoana

Unha cesta composta por produtos galegos gourmet (queixo, paté de centola, chocolate, marmelada, viño D.O. Rías Baixas e licor de sabugueiro) e a lámina “A loita de todas está en nós” de Xoana Almar coa que nos lembra que a nosa esencia, o noso ser e o noso futuro están na nosa unión.

Gosto da Cerviño!

Gosto da Cerviño

A caixa de Clara Cerviño inclúe os seguintes produtos gourmet galegos: paté de centola, salchichón de porco celta, turrón, mexillóns, cervexas artesanais e marmelada ecolóxica, ademais dunha ilustración na que a autora nos leva ata a cidade de Ourense para cruzar as súas pontes ou construír outras novas.

Gosto da Beloso!

Nesta cesta hai mel, cordial de sabugueiro, licor de sabugueiro, un viño branco D.O. Rías Baixas, galletas artesanais e un queixo premiado internacionalmente. Ademais inclúe unha ilustración de Luz Beloso que nos transmite que as amigas e os amigos son como as flores da vida.

Gosto da Trave!

Gosto da Trave

Esta cesta regalo inclúe paté, mexillóns, queixo, chocolate, marmelada, licor de sabugueiro e unha lámina de Ana Parada baseada na “Creación de Adán” de Miguel Anxo.

Gosto das ilustradoras galegas!

Con estas cestas especiais para este Nadal queremos poñer en valor o traballo das mulleres galegas que se dedican á ilustración. Son catro pero poderían ser corenta porque a calidade da ilustración galega é magnífica.

Gosto do Nadal galego! Gosto do rural galego!

Preparamos as nosas fermosas caixas regalo baixo o paraugas de Gosto!. Unha nova marca que vén aumentar a despensa de Carabuñas e coa que poñemos ao dispor das nosas seguidoras e seguidores produto galego artesán e de calidade, ca nosa mesma filosofía de sempre. Podedes atopar máis produtos dos que “ gostar” aquí.