Gosto da Trave!

Ana Parada

En Carabuñas gústanos A Trave. ‘A Trave’ é un estudo de tatuaxe, ilustración e deseño gráfico situado no corazón da Limia e xestionado por Ana Parada.
Para acompañar esta ilustración de Ana, seleccionamos paté, mexillóns, queixo, chocolate, marmelada e por suposto, un licor de sabugueiro. Como presta!

Comezamos os envíos a partir do 1/12/2021. Unidades limitadas. Fai o teu pedido agora.

43,00

Descripción

Na ilustración que acompaña esta cesta regalo, Ana Parada lévanos ao seu universo e define a amizade como dúas mans que están a piques de tocarse, coa natureza como nexo e contexto irrenunciable.

Contido da cesta
  • Lámina de Ana Parada (A Trave).
  • Queixo Trisquel, Queixos Feijoo.
  • Paté de porco celta Tres Fuciños.
  • Chocolate Gosto!
  • Mexillóns Gosto!
  • Marmelada de flor de sabugueiro con amorodos Carabuñas.
  • Licor de sabugueiro Carabuñas.

Queixos Feijoo, desde 1949
Nos últimos anos, os seus queixos suman recoñecementos no Concurso Internacional de Lyon ou nos World Cheese Awards. Setenta anos de traballo nos que coidaron a receita herdada do Mosteiro de San Salvador de Celanova.
Nesta cesta convidámosvos a descubrir o seu queixo Cabra Trisquel, queixo de cabra semicurado elaborado con leite pasteurizado con cortiza comestible. Afinado en adega un mínimo de 60 días. Este queixo recibiu a medalla de prata nos World Cheese Awards 2018.

Cooperativa Tres Fuciños. porco celta criado en liberdade
O cooperativa Tres Fuciños reúne a pequenos produtores e produtoras de porco celta de diferentes puntos de Galicia. O paté de porco celta está elaborado con fígado e touciño dos porcos criados en liberdade.

Gosto! de Carabuñas
Nesta cesta atoparedes a tableta de chocolate á cunca de Gosto!, elaborada cun 60% de cacao, e os mexillóns das rías galegas en salsa de escabeche. Sen dúbida, sabores auténticos.

Carabuñas, os do sabugueiro
En Carabuñas utilizamos o sabugueiro como materia prima para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables. Na cesta dedicada a Ana Parada, ademais de probar o licor de sabugueiro, poderedes descubrir unha das nosas últimas creacións: a marmelada de flor de sabugueiro con amorodos.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.