Queixo Xiros – Bisqato

Queixo con leite cru de vaca

Bisqato Xiros é un queixo de pasta branda e codia amofada. Unha homenaxe ao lugar no que nace o soño dos seus creadores. Destaca pola súa personalidade, sabor e cheiro, que transportan ao pasto e á alta montaña. Esta peza conta cun peso de 250 gramos.

7,90

48 dispoñibles

Descripción

O queixo Xiros é un dos dous queixos creados por Bisqato. Chaman a atención a súa codia amofada, a súa cor e sobre todo o seu intenso sabor. É un produto único, con personalidade, que só se consegue co pasto de alta montaña.

Bisqato

Bisqato é un taller lácteo artesanal que xorde na aldea de Xiros, na parroquia de Labrada, Concello de Guitiriz. O seu significado é ‘porción pequena de algo’, e reflicte a súa intención de achegar valor a un sector transcendental en Galicia. O seu sinal de identidade é o traballo feito a man. Cada queixo moldéase, voltéase e envólvese un a un.

O secreto: unha materia prima dunha calidade insuperable. O leite procede dunha granxa contigua á súa queixería, de vacas que pastan en liberdade en réxime de pastoreo rotacional durante todo o ano. É a mellor forma de aproveitar os recursos do lugar no que se atopan.

Información adicional

Peso 0.4 kg