Paté de porco celta – Tres Fuciños

Embutido artesanal

O paté de porco celta da cooperativa Tres Fuciños está elaborado con fígado e touciño do seu porco celta. O fígado posúe proteínas e achega vitaminas como a B-12, que favorece o funcionamento do sistema nervioso, e a A, esencial para a saúde de ollos e pel.

Terrina de 100 gramos.

3,90

Queda 1 Ud.

1 dispoñibles

SKU: PC100-PATE Categorías: ,

Descripción

Entre os produtos que ofrece a Cooperativa Tres Fuciños está o paté que elaboran co fígado e touciño dos porcos que coidan. Un produto que destaca polo seu sabor e propiedades: proteínas, vitaminas B-12 e A que contribúen ao bo funcionamento do sistema nervioso e ao coidado de pelo, ollos e pel. Tamén posúe minerais esenciais.

Cooperativa Tres Fuciños

Tres Fuciños é unha cooperativa de pequenos produtores e produtoras de porco celta (porco autóctono galego). O seu obxectivo: facer chegar o seu produto de forma directa aos seus clientes e clientas coidando unha alimentación de calidade, saudable e biosostible.

Contan con 11 criadores que comparten sinerxias e coñecementos para mellorar día a día na crianza do porco celta. As súas explotacións están distribuídas por toda Galicia: Friol, A Cañiza, Carballedo, Outes, etc.

Tres Fuciños non son máis que criadores modestos que aproveitan os medios naturais e os saberes tradicionais para a crianza dos porcos e a elaboración dos seus derivados.