Descripción
Nesta caixa seleccionamos doces con moito carácter; produtos gourmet con combinacións de sabores moi golosas.
Chocolate á cunca Gosto!
Redescubre o gusto polo chocolate á cunca, co sabor de toda a vida. Un chocolate elaborado en Galicia e de sabor auténtico.
Rebolos de chocolate Maruxío
Maruxío é un proxecto rural, con alma de terra e de mar. No seu obradoiro elaboran estas galletas artesás e saudables. Un pracer para os sentidos.
Turrón de sabugueiro e pergamiño de arandos Maruxío
Un turrón vegano, elaborado con améndoas, sirope de arroz, azucre de coco, licor de sabugueiro Carabuñas e arandos. É… irresistible.
Pack de 3 marmeladas ecolóxicas Carabuñas
Un pack degustación de tres das nosas marmeladas elaboradas a base de bagas de sabugueiro. Atoparás unha marmelada de sabugueiro, unha marmelada de sabugueiro e laranxa e unha marmelada de sabugueiro e mazá. Elaborámolas seguindo a nosa receita tradicional, baseada en agarimo e ingredientes de alta calidade. Sen conservantes nin aditivos. As tres marmeladas están certificadas co selo ecolóxico de CRAEGA.
Mel Gosto!
Mel de flores recollida nos apiarios da provincia de Ourense. Un produto de calidade, doce e con propiedades beneficiosas para a saúde.
Contido do pack
- Chocolate Gosto!
- Rebolos de chocolate Maruxío
- Turrón de sabugueiro e pergamiño de arandos Maruxío
- Pack de 3 marmeladas ecolóxicas Carabuñas
- Mel Gosto!