Chourizo cular de porco celta – Tres Fuciños

Embutido de porco celta

Tradicional e imprescindible en calquera táboa de embutidos que compartimos con familia ou amigos, o chourizo cular de porco celta de Tres Fuciños está elaborado con magro e graxa do xamón, pemento e sal.

Peso: 300-350 gramos.

12,00

25 dispoñibles

SKU: PC350-CHO Categorías: ,

Descripción

O chourizo cular de porco celta de Tres Fuciños contén magro, graxa do xamón, pemento e sal. Pero máis aló dos seus ingredientes, o seu sabor e calidade proveñen dos porcos criados ao aire libre e do proceso de elaboración que coida ao máximo a materia prima que utilizan.

Un produto á altura do resto de produtos de Tres Fuciños: salchichón, xamón curado, paté, touciño e chourizo galego de porco celta.

Cooperativa Tres Fuciños

Nada a finais de 2016, o Cooperativa Tres Fuciños está formada por pequenos produtores e produtoras coñecedores do medio e os recursos naturais dos que dispoñen, e dos métodos tradicionais de elaboración. Conseguen un produto de alta calidade que ademais contribúe á recuperación da alimentación saudable e respectuosa coa sustentabilidade natural e a tradición.

Na actualidade contan con 11 criadores que comparten sinerxias e coñecementos na mellora da crianza do porco celta. As súas explotacións tradicionais de crianza semiextensiva (ao aire libre) atópanse en toda Galicia: Friol, A Cañiza, Outes ou Carballedo.