A sabedoría popular atrubuiu desde sempre certas propiedades medicinais ao sabugueiro. Ao longo dos séculos utilizáronse os seus froitos e flores para elaborar xaropes, infusións ou cataplasmas destinados a combater afeccións do sistema respiratorio. Agora, diversos estudos apoian estes remedios con evidencias científicas sobre as propiedades desta planta para paliar os efectos do catarro e procesos gripais, pois mellora os síntomas coma a dor muscular, tose, conxestión nasal ou irritación de garganta.
O sabugueiro, eficaz antigripal e antiviral
No caso da gripe, comprobouse a eficacia do tratamento con xarope de sabugueiro, xa que os pacientes do estudo referían unha mellora dos síntomas e o proceso de recuperación reducíase á metade de tempo respecto ás persoas que non recibían o xarope.
Como se explica no artigo publicado en GCiencia, Sabugueiro: o antigripal da natureza, os responsables desta propiedade beneficiosa para a saúde serían os flavonoides, un compoñente que presenta o sabugueiro e que conta coa capacidade de estimular o sistema inmune e un efecto antiinflamatorio similar ao do ácido acetilsalicílico. A combinación destas dúas propiedades sería o motivo polo que os procesos catarrais ou gripais duran menos e alívianse significativamente os seus síntomas tras a administración de tratamentos que conteñen sabugueiro.
As propiedades desta planta son mesmo preventivas, novos estudos explican que o sabugueiro conta con efectos antivirais xa que os flavonoides teñen tamén a capacidade de previr que os virus se adhiran aos receptores celulares. De modo que ademais de paliar os síntomas catarrales, os tratamentos con sabugueiro tamén serven como prevención para infeccións virais agudas.
O sabugueiro como antioxidante
Ás propiedades antigripais e antiinflamatorias hai que engadir un beneficio máis para nosa saúde: o sabugueiro ofrece froitos ricos en antioxidantes. Como podemos ler no artigo O sabugueiro revélase como potente fonte de antioxidantes, publicado tamén en GCiencia, son varios os autores que determinan que o sabugueiro, ao igual que outras bagas silvestres coma arandos, moras ou grosellas, contén unha alta concentración de antioxidantes.
Novamente, debemos estas característica aos flavonoides e polifenois, compoñentes que están presentes nas bagas e as flores do sabugueiro, que ademais teñen uso culinario. Coas bagas pódense elaborar marmeladas, licores, etc. e as flores poden utilizarse para infusións de sabugueiro ou elaborar cervexa.
Isto é o que facemos desde Carabuñas, empregamos este recurso tan abundante en Galicia e do que non se estaba sacando proveito, para elaborar produtos que contan con todas estas propiedades beneficiosas para a saúde do sabugueiro: o seu poder antioxidante, o alto contido de proteínas, presenza de aminoácidos, vitaminas A, B e C e minerais como o fósforo, ferro ou potasio. Todo iso sumado ao seu poder antiviral e antiinflamatorio, convérteno nun recurso máis que interesante para introducir na dieta.