Salchichón de porco celta – Tres Fuciños

Embutido de porco celta

O salchichón de porco celta de Tres Fuciños está elaborado con carne magra e graxa dos xamóns que non curan. Posúe un sabor suave e é perfecto para acompañar do seu chourizo cular ou do seu xamón.

Peso: 300-350 gramos.

11,50

10 dispoñibles

SKU: PC350-SAL Categorías: ,

Descripción

Entre os produtos imprescindibles de Tres Fuciños está o seu salchichón de porco celta. Contén carne magra e graxa dos xamóns que non curan. É un produto único de sabor suave, perfecto para acompañar do chourizo cular e do xamón de Tres Fuciños.

Cooperativa Tres Fuciños

Formada por 11 criadores de pequenas explotacións de Friol, A Cañiza, Outes ou Carballedo, a súa meta é trasladar o seu produto de forma directa aos seus clientes e fomentar unha alimentación de calidade, saudable e biosostible. Trátase de explotacións tradicionais de crianza semiextensiva (ao aire libre) que se integran de forma natural na contorna rural.

O seu traballo está baseado no aproveitamento dos recursos naturais e dos saberes tradicionais para a crianza dos porcos e a elaboración dos seus derivados. Son capaces de conseguir produtos de gran calidade, saudables e respectuosos co medio.