Bolsa de tea Abrazos que alimentan – Carabuñas

Bolsa 100% de algodón natural

Esta bolsa de algodón natural é un símbolo do espírito Carabuñas e está confeccionada pola deseñadora Mercedes Veites (LUMECU) en Vilar de Santos (Ourense).

Bolsa algodón 100%. 140 gr/m2 con acabado en cor natural.

Asas de 70 cm e acabado cosido. Resistencia ata 9 kg de peso.

3,50

100 dispoñibles

Descripción

Mercedes Veites creou unha firma de moda ética con pezas inspiradas no traxe tradicional galego. É unha deseñadora que comparte valores e inspiración con Carabuñas: o rural galego, a aposta polos produtos ecolóxicos, o consumo responsable, a nosa tradición e cultura…

Mercedes creou para a nosa marca a bolsa de tea ‘Abrazos que alimentan‘, o noso primeiro produto de elaboración téxtil. Un produto 100% algodón, con acabado cosido en cor natural e que pode soportar ata 9 quilos de peso. O seu deseño é sinxelo e nela figuran dous motivos que a fan moi especial:

  • Por un lado, o lema Abrazos que alimentan, en catro idiomas: galego, castelán, catalá e eúscaro.
  • Polo outro, un acio de sabugueiro, o gran protagonista de Carabuñas.

Información adicional

Peso 0.3 kg