Descripción
Nesta receita de marmelada de sabugueiro e mazá apostamos por un delicado equilibrio de sabores que contrastan entre si: a esencia doce das bagas maduras de sabugueiro e a intensa acidez da mazá. Incorporando agar-agar e un toque de limón, conseguimos un produto gourmet, sen aditivos, sen conservantes e sen colorantes.
A nosa marmelada de sabugueiro e mazá está elaborada de forma artesanal, con todo o sabor das marmeladas caseiras feitas con ingredientes ecolóxicos e naturais.
Recomendamos utilizar esta marmelada para dar un toque de sabor e de cor a diferentes elaboracións e receitas, como acompañamento para iogures, tostas e torradas, tartas e pasteis ou carnes e queixos.
En Carabuñas apostamos por elaborar produtos gourmet con ingredientes de proximidade e ecolóxicos. Dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia e aproveitamos as súas calidades para elaborar produtos saudables.
Ingredientes
- Azucre de cana ecolóxico
- Mazá ecolóxica galega
- Agar-agar ecolóxico
- Bagas de saúco
- Limón
- Receita propia