Descripción
marmelada ecolóxica
A marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas combina dous sabores que contrastan entre si nunha receita de elaboración propia, sen aditivos e que dá como resultado unha marmelada gourmet cun 70% de froita.
Aproveitando as propiedades depurativas e diuréticas das bagas de sabugueiro, en combinación co suave amargor da laranxa ecolóxica. Cun proceso de elaboración artesanal, obtemos un produto feito como na casa, saudable e cheo de sabor. Ao toque amargo da laranxa engadímoslle limón ecolóxico e agar- agar, unha alga con alta cantidade de fibra.
Recomendámosche a marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas para achegar un toque diferente a ensaladas, xeados, iogures, queixos, patés ou carnes.
En Carabuñas apostamos pola utilización do sabugueiro galego, unha especie vexetal característica da nosa contorna, en Galicia. Aproveitamos as súas propiedades para innovar na elaboración de produtos artesanais, ecolóxicos e saudables.
ingredientes
- Azucre de cana ecolóxico
- Laranxa ecolóxica galega
- Agar-agar ecolóxico
- Limón ecolóxico
- A nosa propia receita