Licor de Sabugueiro 500ml- Carabuñas

Elaboración artesanal

Licor de Sabugueiro Carabuñas. Un licor único e especial, elaborado de maneira artesanal con bagazo de uva, sabugueiro e aromáticas. Para facer o noso ‘licor de sabugueiro’ seleccionamos as mellores bagas de sabugueiro maduro e macerámolas en augardente galego de alta calidade.

A elaboración natural do licor de Sabugueiro dá como resultado un produto de aroma intenso e sabor moi particular, que perdura no padal.

12,00

175 dispoñibles

SKU: LS500/0123 Categorías: , ,

Descripción

un licor único

O licor de sabugueiro Carabuñas converteuse nun dos produtos máis apreciados da marca. É o resultado dun proceso artesanal e coidadoso. As bagas de sabugueiro colléitanse no momento exacto de maduración e mestúranse con augardente de alta calidade, obtido en Galicia por destilación tradicional en alambique de cobre. Nese momento, iníciase unha maceración lenta para que ambos produtos combinen as súas propiedades e sabor, para crear o noso licor.

Utilizando Sambucus Nigra L da variedade Atlántica (Galicia e Norte de Portugal) con este proceso de elaboración lento e tradicional, obtemos un produto único no mercado e sen aditivos.

Recomendamos consumir o noso licor de sabugueiro Carabuñas nas sobremesas, despois dunha boa comida ou cea, aínda que tamén combina moi ben en cócteles ou como acompañamento en xeados.

En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas magníficas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables.

ingredientes
  • Azucre de cana ecolóxico
  • Agar agar ecolóxico
  • Limón ecolóxico
  • Augardente galego de alta calidade
  • Elaboramos o noso licor de saúco Carabuñas segundo unha receita propia.

Información adicional

Peso 0.55 kg
Tamaño

250ml, 500ml, Caixa 6 botellas 500ml, Caixa 9 botellas 250 ml