Pack degustación sabugueiro

Sabugueiro gourmet

Seleccionamos para este pack, algúns dos produtos gourmet que elaboramos con sabugueiro: o noso licor de sabugueiro, marmeladas ecolóxicas, zume de bagas de sabugueiro, cordial de sabugueiro e bombóns.

Produtos gourmet, elaborados con agarimo e tradición. Anímaste a probalos?

34,00

SKU: Pack degustación sabugueiro Categorías: , , , ,

Descripción

O sabugueiro é a esencia da nosa marca Carabuñas, porque aproveitamos esta especie esquecida desde o punto de vista culinario para poñela en valor, creando cos seus froitos e flores produtos gourmet, sans e de elaboración artesanal.

Licor de sabugueiro
Un licor elaborado con bagas de sabugueiro maduras e augardente de Galicia. A elaboración natural, macerando as bagas no augardente, dá como resultado un licor de aroma intenso e sabor que perdura no padal.

Mermeladas ecolóxicas de sabugueiro
Para elaborar as nosas marmeladas seguimos unha receita tradicional que ten como base a utilización de ingredientes ecolóxicos da máis alta calidade. Sen conservantes nin potenciadores de sabor.
Neste pack degustación de sabugueiro podes atopar dúas das nosas marmeladas ecolóxicas. Por unha banda seleccionamos unha marmelada de sabugueiro, que está elaborada con bagas maduras de sabugueiro seleccionadas. Doutra banda, seleccionamos a marmelada de flores de sabugueiro con amorodos.

Zume de sabugueiro
Un zume BIO, elaborado con bagas maduras de sabugueiro. Unha bebida natural, sen glute e refrescante.

Cordial de sabugueiro
Concentrado de flor de sabugueiro BIO, sen azucres refinados nin aditivos. Este concentrado serve de base para a elaboración de diferentes receitas e bebidas. Tamén se utiliza para aromatizar e adozar iogures, xeados, infusións…

Chocolate Gosto!

Poucas cousas hai tan reconfortantes como o aroma do chocolate Gosto! nun día de frío. Un chocolate de calidade e sabor tradicional para elaborar á cunca.

É un chocolate de elaboración tradicional, polo que ten un sabor moito máis intenso que os industriais

Contido do pack
  • Licor de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada ecolóxica de sabugueiro Carabuñas
  • Marmelada ecolóxica de flor de sabugueiro con amorodos Carabuñas
  • Zume de sabugueiro Carabuñas
  • Cordial de sabugueiro Carabuñas
  • Chocolate Gosto!