Descripción
Os chocolates Gosto están elaborados seguindo un proceso artesanal, cunha receita propia na que combinamos tres dos sabores máis tradicionais de Galicia: viño albariño, licor café e por suposto o Licor Sabugueiro mesturado co noso praliné de chocolate.
O resultado son chocolates artesanais nos que se poden degustar os tons ácidos do Albariño, a intensidade do Licor Café ou os aromas salvaxes do sabugueiro. Un verdadeiro descubrimento para os que buscan chocolate artesán pero cun toque diferente.
En Gosto decidimos recuperar e destacar as mellores receitas de chocolate galego. Apostamos por investigar as nosas tradicións e a vangarda culinaria; recuperando os mellores sabores tradicionais pero sempre cun toque de innovación.
Ingredientes
Albariño
Licor Café
Licor Sabugueiro
Chocolate praliné