Cordial de sabugueiro – Carabuñas

Desde: 5,90

Desde: 5,90

Concentrado de flor de sabugueiro

Segundo o dicionario da Real Academia Galega, ser cordial é demostrar afecto. En Carabuñas mostramos afecto pola produción sostible e ecolóxica, pola innovación e tamén pola saúde. Por iso a nosa proposta é Cordial, un concentrado de flor de sabugueiro BIO sen azucres refinados nin aditivos. Podes atopar o noso concentrado Cordial de sabugueiro en formato 250 ml ou 500 ml.

Se aínda non o coñeces, animámoste a iniciarche no estilo de vida Cordial.

5,90

Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Descripción

O Cordial de Carabuñas é un concentrado de flor de sabugueiro. Un novo concepto, substancialmente diferente ao que estamos habituados e habituadas a atopar no mercado.

Este formato en concentrado é habitual nos países do Norte de Europa e polo seu potente sabor non se consome directamente, senón que está pensado para diluílo nalgún outro líquido (como auga, infusións…) ou como ingrediente que achegue gusto ou mesmo dozura a gran cantidade de receitas de cociña.

O noso Cordial concentrado de flores de sabugueiro está elaborado en Galicia, seguindo unha receita propia de Carabuñas na que só utilizamos auga, flores frescas de sabugueiro recollidas no punto ideal de floración, sirope de ágave e limón.

Todos os ingredientes que utilizamos na elaboración deste concentrado de sabugueiro son de produción ecolóxica, polo que o Cordial de Carabuñas conta co esixente selo de certificación ecolóxica de CRAEGA, o Consello Regulador Da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

En Carabuñas démoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal con moito arraigo en Galicia pero que non se estaba aproveitando desde o punto de vista culinario. Baseándonos na tradición, innovamos para conseguir produtos da máis alta calidade e con certificación ecolóxica.

Usos do concentrado de flor de sabugueiro

Se te queres iniciar no estilo de vida Cordial, recomendámosche empezar por elaborar unha bebida fácil, refrescante, saudable e sen azucre. Só necesitas mesturar nunha xerra ou botella medio litro de auga con gas e 100 ml do noso concentrado Cordial.

Pero o concentrado Cordial é moi versátil e pódese utilizar para diferentes elaboracións e receitas:

  • Aliñar ensaladas, carne e peixes.
  • Preparar bebidas refrescantes e cócteles con ou sen alcohol.
  • Aromatizar e adozar iogures, xeados e infusións.
  • Outras elaboracións culinarias e de repostería como masas, xelatinas ou cremas.

Na nosa web podes atopar diferentes receitas con Cordial para inspirarte nas túas elaboracións: desde un Dry Cordial Vermú ata un Arroz con leite, ou mesmo un aliño para as túas ensaladas favoritas.

Podes comprar o noso Cordial de sabugueiro en formato 250 ml ou 500 ml, de forma individual ou en caixas con varias unidades. Utiliza o selector para indicar o formato que prefires e iníciate na vida Cordial!.

Información adicional

Peso N/D
Tamaño

Botella 250ml, Botella 500ml, Caixa 3 botellas 500ml, Caixa 4 botellas 250ml