Descripción
Xoana Almar é integrante da cooperativa Cestola, dedicada ao muralismo, a pintura e a ilustración. Foi fundada no ano 2013 por Raquel Doallo, Xoana Almar e Miguel Peralta.
Contido da cesta
- Lámina de Xoana Almar.
- Viño Señor Cuco, D.O. Rías Baixas.
- Queixo Xiros de Bisqato.
- Paté de centola de Conservas Chanquete.
- Chocolate Gosto!
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas.
- Licor de sabugueiro Carabuñas.
Viño Señor Cuco
Viño tinto da Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Condado do Tea. Elaborado coas variedades de uva sousón, pedral, espadeiro e caíño, na Adega Entrevideiras. Este viño en cata resulta unha explosión de froitas, froitas do bosque e froitas vermellas, con notas florais a rosa, peonía e especiadas de noz moscada e regaliz.
Queixo Bisqato Xiros
Bisqato é un taller lácteo artesanal situado na aldea de Xiros, parroquia de Labrada (Guitiriz). Para a cesta “Gosto da Xoana!” escollemos o seu queixo Xiros, queixo con gran personalidade, de pasta branda e cortiza amofada. O seu sabor e cheiro trasládannos directamente aos pastos da alta montaña.
Conservas Chanquete
Chanquete ten unha forma de facer conservas diferentes, con receitas únicas e con ingredientes de gran calidade. Nesta cesta incluímos o paté de centola, elaborado coa mellor materia prima. Os seus ingredientes: centola e mexillón da Ría de Aldán (Rías Baixas, Galicia). Para gozar de todo o seu sabor, débese conservar nun lugar fresco e seco, a temperatura ambiente.
Chocolate Gosto!
Nesta cesta dedicada a Xoana Almar incluímos a tableta de 300 gramos de chocolate á cunca de Gosto!, que está elaborado cun 60% de cacao.
Carabuñas, os do sabugueiro
En Carabuñas dámoslle unha volta ao sabugueiro, unha especie vexetal moi ligada a Galicia, aproveitando as súas calidades para elaborar produtos artesanais, auténticos e saudables. Nesta ocasión podes probar a marmelada de sabugueiro e o licor de sabugueiro de Carabuñas.
Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.