Descripción
Os amantes do queixo teñen neste pack unha opción inmellorable para dar renda ao seu pequeno vicio ou antollo. Producidos a partir de leite cru de vaca en queixerías da provincia de Lugo e Ourense, cada un destes queixos ofrece un sabor diferente que fará as delicias dos padais máis exquisitos.
Queixo BisQato
O primeiro queixo deste pack procede da queixería BisQato, que nos ofrece a súa variedade ‘Xiros’, elaborada en Guitiriz (Lugo) integramente a man, moldeándoos, volteándoos e envolvéndoos un a un con todo o mimo e o máximo coidado. O pastoreo rotacional ao aire libre das vacas da granxa de Queixos BisQato garante unha materia prima de excelente calidade que se traduce nun produto de pasta branca, cortiza amofada e con moita personalidade.
Queixo curado Hispánico Feijoo
O seguinte queixo é un queixo semicurado, madurado en cámara, con alma e forza que da o semicurado ibérico, con marcado sabor de ovella. Aínda que teña ese carácter, segue sendo un queixo suave e cremoso que non pode faltar en calquera das túas táboas de queixos.
Queso de oveja O Rexo
Trátase do primeiro queixo de ovella feito en Galicia a base de leite cru. Elabórase con moito agarimo e de xeito artesanal, dándolles forma, un a un, a este produto tan demandado na comarca de Allariz.
Mermelada de saúco Carabuñas
A nosa aportación ao pack é a nosa marmelada ecolóxica de sabugueiro. É unha marmelada de sabor suave, xa que á dozura propia do sabugueiro maduro engádeselle limón para achegar un toque de acidez e amargor. Esta suma de ingredientes convértea nunha crema aromática, moi equilibrada e sen aditivos de ningún tipo.
Cebola caramelizada Amorodo
Localizada en Soutelo de Montes, Amorodo envasan unha grande cantidade de produtos como a cebola caramelizada ecolóxica galega.
Galletas Mariñeiras de allo e perexil DaVeiga
As Mariñeiras con allo e perexil teñen un excelente sabor, son nutricionalmente equilibradas e perfectas para consumir entre horas e complementar unha dieta saudable. Están elaboradas con aceite de oliva virxe extra, reducidas en sal e sen azucres engadidos.
Contenido da cesta
- Queixo Xiros de Bisqato
- Queixo curado Hispánico Feijoo
- Queixo de ovella O Rexo
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250gr
- Cebola caramelizada Amorodo
- Galletas Mariñeiras DaVeiga allo e perexil
Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.