Descripción
Este estoxo de tres marmeladas Carabuñas é unha selección das nosas marmeladas ecolóxicas e artesanais en tres botes de 180 gramos cada un.
Tres receitas de marmelada ecolóxica que están elaboradas de forma artesanal con materias primas da máxima calidade e iso nótase no seu sabor. Tres sabores diferentes para tres produtos gourmet que achegarán un toque diferente de sabor (e cor) a tostas, tostadas, iogures, carnes, ensaladas, patés ou sobremesas. Pero se temos que recomendar un complemento ideal ás nosas marmeladas, son sen dúbida, os queixos.
Marmelada de sabugueiro
É unha marmelada de sabor suave, elaborada seguindo a nosa receita artesá con bagas de sabugueiro maduro e un toque de limón. Certificada como ecolóxica, sen conservantes nin aditivos.
Marmelada de sabugueiro e mazá
Unha marmelada ecolóxica que fusiona dous sabores contrastados: o doce das bagas de sabugueiro e a acidez da mazá de Galicia. Sen conservantes nin aditivos.
Marmelada de flor de sabugueiro e fresas
A marmelada de flor de sabugueiro e amorodos de Carabuñas non contén azucre. Está elaborada con xarope de agave, polo que é apta para persoas que non poden consumir alimentos con azucre.
A mestura de flor de saúco e amorodos resulta un sabor suave e sorprendente. Como todas as marmeladas de Carabuñas, é un produto ecolóxico e de elaboración artesanal.
Contido do estoxo marmeladas
- Marmelada de sabugueiro 250 gr
- Marmelada de sabugueiro e mazá 250 gr
- Marmelada de sabugueiro e laranxa 250 gr