Gosto da cesta galega!

Artesáns/ as culinarios

Unha caixa regalo de produtos artesanais gourmet e 100% galegos.

Seleccionamos 17 produtos deliciosos, con personalidade e sabor para facer esta caixa regalo suprema. Tan suprema como as dez pequenas marcas de grandes produtores que a fan posible: Adega Entrevideiras, Maruxío, Adegas Luz, Tres Fuciños, Airas Moniz, Queixos Feijoo, Conservas Chanquete, Embruxo, Gosto! e Carabuñas.

115,00

Descripción

Esta caixa é unha celebración da gastronomía galega e do traballo que levan a cabo pequenas marcas produtoras repartidas por todo o territorio.

Unha selección de dezasete produtos gourmet, de alta calidade e innovadores.

Dos obradoiros, as cociñas e os talleres destes artesáns culinarios, as nosas mellores materias primas saen transformadas en produtos que alcanzan premios e recoñecementos a nivel internacional.

Viño Señor Cuco de Adega Entrevideiras
Unha adega das Neves (Pontevedra) que se atreve cun Denominación de Orixe Rías Baixas tinto, da subzona do Condado do Tea.

Turrón de sabugueiro e pergamiño de arandos Maruxío
Un turrón vegano, elaborado con améndoas, licor de sabugueiro Carabuñas e arandos. Unha delicia do obradoiro rural de Maruxío.

Abadía de Tortoreos de Adegas Luz
Un viño branco D.O. Rías Baixas que está elaborado só con uvas seleccionadas de albariño.

Chourizo de porco celta, Tres Fuciños
Un chourizo elaborado pola Cooperativa Tres Fuciños, que reúne a criadores da raza autóctona porco cela. Todo o sabor do chourizo tradicional.

Queixo Terra de Airas Moniz
Un queixo de pasta branda e codia comestible, resultado do proceso de volteados manuais continuos en cámara (2 volteados ao día). A queixería Airas Moniz aposta por un modelo de pastoreo con vacas Jersey.

Queixo Hispánico Curado de Queixos Feijoo
Queixo de ovella madurado en adega de Queixos Feijoo, unha queixería que ten como identidade: artesanía, tradición e calidade. Os seus queixos baséanse nunha receita artesá que herdaron do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

Paté de centola de Conservas Chanquete
Paté de centola e mexillón da Ría de Aldán (Rías Baixas, Galicia). En Conservas Chanquete fan conservas diferentes: receitas únicas e ingredientes de gran calidade.

Aceite de Oliva Virxe Extra Natural de Embruxo
Un aceite de oliva de extracción en frío, sen filtrar e de alta calidade. Embruxo é unha marca galega de aceite que elabora os seus produtos de forma natural e artesanal.

Chocolate de Gosto!
Chocolate á cunca de Gosto!, unha marca que aposta polos sabores auténticos e os produtos galegos.

Zamburiñas de Gosto!
Unha lata de zamburiñas en conserva, procedentes das rías galegas. Envasadas de forma manual, unha a unha, para coidar ao máximo a calidade do produto.

Mexillóns de Gosto!
Unha lata de mexillóns das rías galegas, estilo tradicional e sabor auténtico. Mexillóns seleccionados, de alta calidade.

Mel de Gosto!
Mel de flores dos apiarios da provincia de Ourense. Só mel seleccionado, sen aditivos de ningún tipo.

Cordial de sabugueiro de Carabuñas
Concentrado BIO de flores de sabugueiro para elaborar bebidas refrescantes, edulcorar sobremesas e aromatizar infinidade de receitas.

Pack de 3 marmeladas Carabuñas
Un pack con tres marmeladas de Carabuñas: marmelada de sabugueiro, marmelada de sabugueiro e laranxa e marmelada de sabugueiro e mazá.

Licor de sabugueiro Carabuñas
O noso licor de sabugueiro, elaborado con bagas de sabugueiro maceradas en augardente galego de alta calidade.

Nota: Os queixos desta cesta poden variar en función da produción das nosas queixerías. Se no momento de facer o teu pedido non hai dispoñibilidade do queixo que leva a cesta, cambiarémolo por outro de igual ou maior calidade. Se queres asegurar a dispoñibilidade dun queixo en concreto no momento de facer o teu pedido, consúltanos por teléfono ou email.

Contido da cesta
  • Viño Señor Cuco de Adega Entrevideiras
  • Turrón de sabugueiro e pergamiño de arandos Maruxío
  • Abadía de Tortoreos de Adegas Luz
  • Chourizo de porco celta, Tres Fuciños
  • Queixo Terra de Airas Moniz
  • Queixo Hispánico Curado de Queixos Feijoo
  • Paté de centola de Conservas Chanquete
  • Aceite de Oliva Virxe Extra Natural de Embruxo
  • Chocolate de Gosto!
  • Zamburiñas de Gosto!
  • Mexillóns de Gosto!
  • Mel de Gosto!
  • Cordial de sabugueiro de Carabuñas
  • Pack de 3 marmeladas Carabuñas
  • Licor de sabugueiro Carabuñas