Lote Carballo- Carabuñas

Produtos artesanais galegos

Esta completísima cesta de produtos galegos artesáns, confírmase como unha fantástica opción para regalar ou para desfrutar da nosa gastronomía na casa.

Contén o ADN de Carabuñas, complementado con outros produtos de calidade gourmet como o salchichón de porco celta da cooperativa Tres Fuciños, o viño de Señor Cuco, as galletas de castaña Petelo, as galletas Maruxío e os queixos de BisQato e Airas Moniz. Unha cesta de produtos galegos que non defraudará aos padais máis esixentes.

79,80

20 dispoñibles

Descripción

É difícil atopar unha cesta de produtos galegos artesanais e gourmet máis completa e variada que esta. Nela quixemos xogar con toda unha gama de sabores: marmeladas, licor, viño, salchichón, galletas, bombóns e queixo.

O Lote Carballo está pensado para os amantes dos sabores auténticos de Galicia. Unha selección que combina tradición e calidade:

  • Licor café Gosto: unha bebida única cun sabor intenso e notas doces.
  • Albariño María Soliño: un viño branco fresco e elegante, ideal para calquera ocasión.
  • Zamburiñas en salsa galega Tito: unha conserva que captura o sabor do mar.
  • Canapés Daveiga: crocantes e versátiles, ideais para acompañar patés ou embutidos.
  • Paté de centola: unha delicia que evoca o mellor sabor a mar.
  • Salchichón Larouco: embutido artesanal cun sabor intenso e auténtico.
  • Chocolate Gosto!: unha opción irresistible para os amantes do cacao.
  • Pastas Namoreiras: suaves e crocantes, perfectas para acompañar un café ou té.
  • Turrón de sabugueiro: unha innovadora combinación de tradición e doce galego.
  • Castañas cocidas: un produto natural e delicioso, símbolo da gastronomía galega.

Todo presentado nunha elegante Caixa Gosto Grande, ideal para agasallar ou gozar en celebracións especiais.

Información adicional

Peso 4 kg