Descripción
Cando creamos este lote en Carabuñas, fixémolo pensando en que é un agasallo para os sentidos e o intelecto.
Libro e caderno Frankestein
Aira Editorial tráenos esta versión inédita en galego do clásico de Mary Shelley ‘Frankenstein ou o prometeo moderno’, unha tradución de Samuel Solleiro con ilustracións de Miguel Robledo. Esta edición foi premiada á mellor tradución do 2019 na Gala do Libro Galego pola calidade da tradución, unha fiel versión do orixinal en canto a ritmo e forza narrativa. Acompaña ao libro un caderno da mesma colección.
Bombóns de sabugueiro
Combinación de alta repostería na que xogan un papel crucial o licor de sabugueiro e o praliné de chocolate. Dez bombóns artesáns e ecolóxicos nos que aromas e sabores non pasarán desapercibidos para os comensais.
Paté de porco celta
Paté gourmet de fígado de porco, da variedade porco celta, unha raza autóctona galega que a cooperativa Tres Fuciños cría en liberdade e cunha alimentación sá e sostible. As súas explotacións repártense por toda a xeografía galega, pero cun mesmo modo de facer as cousas para alcanzar produtos ecolóxicos e artesáns de alta calidade.
Queixo Savel Airas Moniz
Queixo azul de cheiro intenso e textura untuosa que elabora Airas Moniz, unha queixería que utiliza para os seus produtos leite crú de vacas de pastoreo.
Cervexa de flor de sabugueiro
Cervexa de tons dourados e sabor suave que elaboramos en Carabuñas con flores de sabugueiro coidadosamente seleccionadas e maceradas de forma artesanal.
Marmelada de sabugueiro Carabuñas
Marmelada confeccionada de forma artesanal cun ingrediente principal especial: as bagas de sabugueiro, que achegan propiedades beneficiosas para a saúde. É unha marmelada ecolóxica, libre de aditivos, cun 70% de froita na súa receita.
Viño Señor Cuco
Viño tinto que se presenta da man da Denominación de Orixe Rías Baixas. Coas variedades de uva sousón, espadeiro, pedral e caíño elabórase este viño elegante e fresco.
Contido do lote
- Libro e caderno ‘Frankenstein’, Aira Editorial
- Caixa de 10 bombóns de sabugueiro Carabuñas
- Paté de porco celta, Cooperativa Tres Fuciños
- Queixo Savel de Airas Moniz
- Cervexa de flor de sabugueiro Carabuñas
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g
- Botella de viño tinto Señor Cuco, D.O. Rías Baixas