Descripción
Neste doce lote que convida a verse, atopamos as marmeladas e bombóns Carabuñas acompañados de galletas Maruxío e paté de porco celta de Tres Fuciños, produtos gourmet artesanais que xuntos funcionan á perfección como agasallo para os amantes dos sabores auténticos.
Paté de porco celta
A cooperativa Tres Fuciños elabora este paté de fígado de porco da raza autóctona galega ‘ porco celta’. É un produto de alta calidade xa que a cría dos animais realízase en liberdade e a súa alimentación está baseada no aproveitamento dos recursos naturais como son a castaña, a landra e a remolacha.
Galletas Maruxío
Galletas artesás elaboradas por Maruxío, un obradoiro de repostería saudable e sostible que basea a súa filosofía na volta ao tradicional, os ingredientes naturais e as cousas ben feitas.
Marmelada de sabugueiro e laranxa
Esta marmelada de sabor contrastado entre o doce e o acedo conséguese coa combinación das bagas de sabugueiro maduras e as laranxas ecolóxicas cultivadas no sur de Galicia. O resultado é un produto ecolóxico de aromas intensos e sabor sorprendente.
Marmelada de sabugueiro
Coa receita única de Carabuñas conseguimos esta marmelada ecolóxica de bagas de sabugueiro, cun 70% de froita e sen aditivos nin conservantes artificiais. É unha marmelada de sabor suave e aromas interesantes, que pode ser un acompañamento ideal para multitude de receitas.
Bombóns de sabugueiro
A caixa de bombóns de Carabuñas contén 10 pezas que suman o intenso sabor do licor de sabugueiro co delicado praliné de chocolate. A súa especial mestura de ingredientes e o proceso de elaboración artesanal convértenos nun produto delicatessen único.
Contido do lote
- Paté de porco celta da cooperativa Tres Fuciños
- Galletas Maruxío
- Marmelada de sabugueiro e laranxa Carabuñas 250 g.
- Marmelada de sabugueiro Carabuñas 250 g.
- Caixa de 10 bombóns de sabugueiro Carabuñas