Gosto das Marías! – Carabuñas

Gosto das Marías! Carabuñas

As famosas Marías de Santiago (Maruxa e Coralia) convertíronse en dúas das personaxes máis características nas rúas da Zona Vella de Compostela. Vestindo roupas chamativas e con maquillaxe do máis vistoso, na actualidade son todo una icona da Alameda de Santiago. Agora, a cesta está iluminada polo retrato das Marías por Luz Beloso, unha preciosa lámina que lembra o corazón das Marías.

Este pack contén produtos elaborados por mulleres, ou cunha presenza da muller central no desenvolvemento do mesmo.

 

Quen non quere Gosto das Marías!?

58,00

SKU: GOSTO DAS MARÍAS Categorías: , ,

Descripción

Todos sabemos que as mulleres sempre tiveron e teñen un papel central na innovación e na creatividade da nosa vida. Dende a poesía, a pintura ou na ciencia no noso país. Por iso queremos renderlles homenaxe coa cesta Gosto das Marías!

Que atoparás dentro?

  • Caixa Gosto mediana
  • Lámina As Marías
  • Albariño María Soliño
  • Pastas Namoreira
  • Marmelada sabugueiro Mazá 250g
  • Shitake e Mazá 250g
  • Cuña 3 Leites
  • Salsa Vietnam
  • Paté de Centollo

Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.