Gosto das Marías! – Carabuñas
Gosto das Marías! Carabuñas
As famosas Marías de Santiago (Maruxa e Coralia) convertíronse en dúas das personaxes máis características nas rúas da Zona Vella de Compostela. Vestindo roupas chamativas e con maquillaxe do máis vistoso, na actualidade son todo una icona da Alameda de Santiago. Agora, a cesta está iluminada polo retrato das Marías por Luz Beloso, unha preciosa lámina que lembra o corazón das Marías.
Este pack contén produtos elaborados por mulleres, ou cunha presenza da muller central no desenvolvemento do mesmo. Podemos atopar o viño branco de IXP Ribeiras do Morrazo María Soliño, viño de area elaborado coas uvas albariño e espadeiro. Estas uvas son cultivadas á beira do mar, moitas en contacto totalmente coa area, tal e como conectou María Soliño coa súa historia co mar.
O queixo artesanal de leite cru de vaca Bisqato, o paté de centolo Mar e Terra e o confit de shiitake de Shiitake Trives veñen acompañados dos rebolos de chocolate Maruxío.
Quen non quere Gosto das Marías!?
55,00€
Descripción
Todos sabemos que as mulleres sempre tiveron e teñen un papel central na innovación e na creatividade da nosa vida. Dende a poesía, a pintura ou na ciencia no noso país. Por iso queremos renderlles homenaxe coa cesta Gosto das Marías!
Que atoparás dentro?
- Lámina das Marías de Luz Beloso
- Albariño María Soliño de ENTREVIDEIRAS
- Queixo tres leites BRIGANTIA
- Paté vexetal de pementos 106g de MARETERRA
- Salsa Picante Vietnam VIRAVOLTA
- Rebolos de Avelá de NAMOREIRAS
- Marmelada de Flor de Sabugueiro e Amorodo de CARABUÑAS
- Castañas en almibre de POSADA
Nota: Os contidos desta cesta están configurados con pequeños produtores e no intre de facer o teu pedido pode non haber dispoñibilidade. Se isto ocorre, chamarémoste para poder cambiar o produto faltante por outra referencia similar.