Descripción
Os bombóns de licor de sabugueiro Carabuñas están elaborados seguindo un proceso artesanal, cunha receita propia na que combinamos o noso licor de sabugueiro cun irresistible praliné de chocolate.
O resultado son uns bombóns artesáns nos que se saborea o intenso aroma do licor de sabugueiro Carabuñas en contraste cun chocolate suave. Unha auténtica delicia para quen busca algo doce, pero sen ser demasiado recargado.
En Carabuñas, decidimos recuperar e poñer en valor o sabugueiro, unha especie vexetal case esquecida no sector alimentario. Apostamos por investigar sobre as nosas tradicións e sobre a vangarda culinaria; o resultado: unha gama de produtos gourmet de alta calidade e sabor excepcional.
Ingredientes
- Licor de sabugueiro
- Chocolate praliné