Descripción
Mercedes Veites creou unha firma de moda ética con pezas inspiradas no traxe tradicional galego. É unha deseñadora que comparte valores e inspiración con Carabuñas: o rural galego, a aposta polos produtos ecolóxicos, o consumo responsable, a nosa tradición e cultura…
Mercedes creou para a nosa marca a bolsa de tea ‘Abrazos que alimentan‘, o noso primeiro produto de elaboración téxtil. Un produto 100% algodón, con acabado cosido en cor natural e que pode soportar ata 9 quilos de peso. O seu deseño é sinxelo e nela figuran dous motivos que a fan moi especial:
- Por un lado, o lema Abrazos que alimentan, en catro idiomas: galego, castelán, catalá e eúscaro.
- Polo outro, un acio de sabugueiro, o gran protagonista de Carabuñas.