Descripción
Gosto do mel de flores!
Un produto tradicional cun único ingrediente: mel seleccionado de gran calidade, procedente de colmeas da provincia de Ourense (Galicia).
O mel é un dos adozantes naturais máis utilizados, tanto polo seu sabor como polos seus beneficios e propiedades.
En Gosto! seleccionamos mel de calidade, de pequenos produtores da provincia de Ourense e envasámola sen engadir aditivos de ningún tipo.
Neste pequeno bote, concéntrase o traballo de miles de abellas que nas súas viaxes de flor en flor, van transportando o néctar á colmea. Este é un mel de flores, polo que o seu tradicional sabor doce ten un aroma floral.
Recomendámosche que conserves o mel Gosto! no seu propio envase de vidro, para que non se impregne de aromas externos. É un produto que se pode almacenar durante meses (e mesmo anos), pero manteno sempre a unha temperatura ambiente, nun lugar no que non reciba a luz directa do sol. Non debe refrixerarse.
Mel Gosto!
Gosto! é a nosa nova liña de produtos que vén completar a despensa de Carabuñas. Produtos con tradición e sabor auténtico; elaborados en Galicia, con ingredientes e materia prima galega.